Livraria Ideal

Livros escolares e de leitura em espanhol

Selecciona tu idioma: Español   |  Português

Mi pedido

0 libros | 0,00 €

Afina tu búsqueda

cerrar
mostrar resultados
Estás en: Inicio · Listado de Libros · Os pecados capitais
Os pecados capitais

Os pecados capitais

Vidal Blanco, Francisco
Novela y narrativa gallega
XERAIS

A soberbia de Andrés, un narcotraficante da ría de Arousa, lévao a asumir riscos e aventuras que o converten nun home rico, temido e adulado. Pero cando lle chega a hora da morte, Andrés ten que enfrontarse a todas as pantasmas do seu pasado, un pasado de maldade no que el sempre era necesariamente o primeiro, sen importar as formas nin os métodos para conseguilo. Con Andrés, xa no seu leito de morte, distintas persoas que conviviron con el e que agora agardan o seu pasamento, van relatando as súas convulsas relacións co narcotraficante e achegando, cadaquén, o seu particular punto de vista: o curo, a súa criada, o seu avogado, o seu fillo, o seu amigo Indalecio…, até a agardada confesión do propio Andrés. El mesmo tamén xulga a todos os que o rodean, arrogante e fachendoso, pracicamente ás portas da morte.
Francisco A. Vidal obtivo con Os pecados capitais o Premio Terra de Melide 2005. Novela multiperspectivista (narrada dende o punto de vista de sete personaxes), de lectura engaiolante, aborda a historia dun home que quere triunfar nun país de emigrantes sen saír da terra. A fame por medrar conducirao ao contrabando de tabaco e máis tarde ao “próspero” negocio do narcotráfico. O xurado que outrogou o Premio Terra de Melide subliñou que o autor conseguiu unha gran profundidade na creación de Andrés, o personaxe central da novela.

17,31 € añadir a pedido

Impuestos no incluidos

Compartir: facebook twitter google +

Imprimir

ISBN: 978-84-9782-513-9
Nº Páginas 232
Colección: NARRATIVA

Edición: 1ª
Encuadernación: Rústica cosido a fío
Formato: 14,50 x 22,00

Contáctanos

Tel 214 142 668 * 963 692 332
livraria.ideal@sapo.pt
pedidos@livraria-ideal.com

Mi pedido

0 libros | 0,00 €