0 libros | 0,00 €
António, Inma
Teatro
XERAIS
“Os cárceres do esquenzo”, escrita por Inma Antonio, aborda a entrevista que mantén Nicolás o Ruso, un veterano fotógrafo reporteiro de guerra, e unha xornalista días antes do comezo da guerra do Iraq, no mes de febreiro de 2003. Nicolás o Ruso desmiuzará nas súas declaracións as súas experiencias ao rebufo do desastre e a barbaridade dun mundo en permanente conflito. Nicolás o Ruso amosará a súa admiración polo libro do Apocalpise, identificando no mundo actual os catro grandes xinetes anunciados no relato bíblico: a guerra (evocando a súa experiencia na guerra de Bosnia), a fame, a peste da SIDA e a morte (esa que non deixa nada atrás, na que xa non quedará ninguén para que chore por nós). Nicolás o Ruso rematará a súa entrevista propoñendo o recordo e a conciencia como o camiño posible para non habitar en Cárceres do Esquenzo. Esta peza de Inma Antonio foi estreada o 27 de novembro de 2003 na Sala Yago de santiago de Compostela por Librescena.
ISBN: 978-84-9782-211-4
Nº Páginas 64
Colección: Os Libros do Centro Dramático Galego
Edición: 1ª
Encuadernación: Rústica cosido a fío
Formato: 13,00 x 21,00
Tel 214 142 668 * 963 692 332
livraria.ideal@sapo.pt
pedidos@livraria-ideal.com
0 libros | 0,00 €