Livraria Ideal

Livros escolares e de leitura em espanhol

Selecciona tu idioma: Español   |  Português

Mi pedido

0 libros | 0,00 €

Afina tu búsqueda

cerrar
mostrar resultados
Estás en: Inicio · Listado de Libros · Pingueiras e tarteiras
Pingueiras e tarteiras

Pingueiras e tarteiras

González Costa, Teresa; Chao Blanco, Rodrigo (Ilus.)
Teatro
XERAIS

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras.
Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha "apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos”. Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.

13,70 € añadir a pedido

Impuestos no incluidos

Compartir: facebook twitter google +

Imprimir

ISBN: 978-84-9914-003-2
Nº Páginas 80
Colección: Biblioteca Dramática Galega

Edición: 1ª
Encuadernación: Cartonado
Formato: 14,50 x 22,00

Contáctanos

Tel 214 142 668 * 963 692 332
livraria.ideal@sapo.pt
pedidos@livraria-ideal.com

Mi pedido

0 libros | 0,00 €