Livraria Ideal

Livros escolares e de leitura em espanhol

Selecciona o teu idoma: Español   |  Português

Minha Encomenda

0 livros | 0,00 €

Afina a pesquisa

fechar
mostrar resultados
Está no: Inicio · Listagem de Livros · Peregrinos
Peregrinos

Peregrinos

González Vicente, Manuel
Fotografía
XERAIS

Unha muller leva as mans á cara, coma se a dor das bochas dos pés lle tronzase a alma. Outra intenta avanzar en contra dunha intensa nevada. Un grupo de músicos peregrinos tocan improvisadamente nunha voda que atopan no camiño. Así é Peregrinos, de Manuel G. Vicente, un cálido, tenro, vivo e fermoso libro de fotografías sobre os peregrinos e sobre os habitantes do camiño.
Peregrinos é o froito de dez longos anos de traballo dun fotógrafo que retrata o camiño desde dentro porque durante todo ese tempo viviu no seu propio ventre, como camiñante que é, e como membro fundador da Asociación de Amigos do Camiño do Santiago. Son daquela, todas elas, fotografías sentidas, vitais, intensamente verdadeiras, realizadas ó longo do camiño entre 1989 e 1999. Por iso, Manuel G. Vicente nos ofrece este magnífico traballo fotográfico, esta selección, francamente conmovedora, de todo o que a súa cámara, xenialmente manexada, captou a través de tantas olladas, de tanta convivencia, e con tanta tenrura e mestría sobre todas esas persoas que un día (desde que o camiño aínda non estaba de moda ata hoxe) decidiron calzar as botas e lanzarse á aventura compostelá.
En Peregrinos está a paisaxe, a natureza omnipresente do itinerario, pero, sobre todo, están os sentimentos humanos reflectidos en todos e cada un dos rostros retratados: a dor, o sufrimento, a solidariedade, a alegría, o abatemento, a ilusión, a dureza, a xenerosidade, a entrega, a amizade. Valores todos eles que fan deste libro un retrato vivo e universal da alma das persoas. En tanto, desde o prólogo, José Antonio de la Riera, outro excelente coñecedor do Camiño de Santiago e tamén membro fundador da Asociación de Amigos escribe a letra emerxendo desde palabras divertidas, irónicas, reinterpretativas e ben cimentadas nun texto que ubica ó lector no punto exacto en que o camiño de Santiago se sitúa hoxe.

32,36 € à encomenda

Impostos não incluidos

Partilhar: facebook twitter google +

Imprimir

ISBN: 978-84-8302-373-0
Nº Páginas 192
Colección: EDICIÓNS SINGULARES

Edición: 1ª
Encuadernación: Rústica cosido a fío
Formato: 24,00 x 27,00

Contacta-nos

Tel 214 142 668 * 963 692 332
livraria.ideal@sapo.pt
pedidos@livraria-ideal.com

Minha Encomenda

0 livros | 0,00 €