0 livros | 0,00 €
Cabanillas, Ramón; Bernárdez, Carlos L. (Ed.); Vieites, Manuel F. (Ed.)
Teatro
XERAIS
A obra de Ramón Cabanillas (1876-1959) ocupa, sen dúbida, un lugar sobranceiro dentro da historia da dramaturxia galega. Poeta de prestixio incuestionable no seu tempo e figura indiscutida dentro do panorama das nosas letras, a traxectoria teatral do autor cambadés desenvólvese no marco das iniciativas a prol da normalización cultural promovidas desde as Irmandades da Fala. Os resultados dese labor móstranse, xa que logo, a través de obras como A man de Santiña –estreada en 1919 e publicada en 1921- ou O Mariscal –publicada en 1926-: pezas que nacen, polo tanto, nun momento de efervescencia nacionalista e tamén como producto do convencemento de que o teatro podía e debía constituír un instrumento galeguizador fundamental.
Desta maneira, a obra dramática do autor cambadés inaugura unha auténtica nova xeira na nosa producción teatral: a dramática nacional, rompendo progresivamente, ademais, coa estética do realismo costumista ruralizante do teatro rexionalista anterior a el.
ISBN: 978-84-7507-999-8
Nº Páginas 256
Colección: BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Edición: 1ª
Formato: 13 x 19
Tel 214 142 668 * 963 692 332
livraria.ideal@sapo.pt
pedidos@livraria-ideal.com
0 livros | 0,00 €